CRTVG

Buscar

Morre un traballador en Brión ao caerlle enriba unha árbore

Publicado o 30/09/2021 17:18
Morre un traballador en Brión ao caerlle enriba unha árbore

Un traballador faleceu este xoves nun accidente laboral ocorrido no concello de Brión. Segundo informa o 112, caeulle enriba unha árbore que estaba cortando.

O suceso produciuse na parroquia de Ons. Ata alí desprazouse un helicóptero para atender e evacuar o operario, pero cando chegou xa falecera.