CRTVG

Buscar

Morre ao envorcar o camión que manexaba nunha nave no Porriño

Publicado o 22/11/2019 10:40
Morre ao envorcar o camión que manexaba nunha nave no Porriño

Un operario faleceu este venres despois de envorcar o camión que manexaba no interior dunha nave do polígono industrial das Gándaras, no Porriño, segundo informaron fontes do 112 Galicia.

O suceso produciuse minutos antes das 9.00 horas, tal e como indicaron as persoas que contactaron co centro de atención ás emerxencias para pedir axuda urxente.

Os bombeiros do Baixo Miño liberaron a vítima, que quedara atrapada baixo o camión cargado con material pesado, pero nada se puido facer por salvarlle a vida.

Tamén foron avisados efectivos de Urxencias Médicas e a Garda Civil, que trata de coñecer os detalles deste suceso.