CRTVG

Buscar

Morre un neno de nove anos nun accidente de tráfico en Madrid e súa nai queda ferida de gravidade

Publicado o 14/10/2021 08:11
Morre un neno de nove anos nun accidente de tráfico en Madrid e súa nai queda ferida de gravidade

Un neno de nove anos morreu e súa nai quedou ferida tras bateren dous coches en Valverde de Alcalá, Madrid. O condutor do outro vehículo tamén se feriu. Como consecuencia do impacto, o vehículo en que viaxaban nai e fillo saíu despedido e quedou apoiado sobre un lateral fóra da calzada. A muller, de 40 anos, foi traslada en helicóptero ao Hospital de La Paz.

Noticias web

14/10/2021