CRTVG

Buscar

Morre un operario ao precipitarse o camión que conducía por un desnivel en Carballeda de Valdeorras

Publicado o 24/06/2021 10:07
Morre un operario ao precipitarse o camión que conducía por un desnivel en Carballeda de Valdeorras

Un home faleceu esta madrugada despois de precipitarse o camión que manexaba polo desnivel dunha canteira, no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras. Foi un particular o que alertou ao 112 de que escoitara un forte estrondo e vira caer un camión por unha pendente da canteira situada na parroquia de Casaio.

Ata o lugar acudiron os bombeiros e o GES de Valdeorras, a Garda Civil e os servizos sanitarios. A zona ten difícil acceso porque a pendente da canteira era duns 500 metros de altura.

Os medios desprazados ata o lugar traballaron durante horas e tiveron que parar polo risco de desprendementos e a perigosidade do lugar. Retomadas as tarefas, os bombeiros confirmaron a localización do corpo do operario, cuxa vida non deron salvado.

Agora tratan de efectuar o rescate da vítima.

Noticias web

24/06/2021