Morre un operario ao caerlle enriba unha árbore en Mondariz
Publicado o 12/02/2021 18:15

Un home faleceu na tarde deste venres ao ser alcanzado por unha árbore cando facía unha corta nunha zona da estrada que unha Cernadela e Sabaxáns, en Mondariz (Pontevedra). Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 15.45 horas, cando varios particulares alertaron os servizos de emerxencia de que o home fora alcanzado por unha árbore.
Ao lugar acudiu o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Con todo, unha vez no punto, o persoal sanitario só puido certificar o falecemento do home. Ademais, á zona desprazáronse efectivos da Garda Civil e de Protección Civil.