Morre un operario ao caer dunha escada no Porriño
Publicado o 19/06/2020 08:42
Un home morreu nun accidente laboral, ao caer dunha escada. Ocorreu nunha empresa do Porriño dedicada a produtos de maquinaria para a limpeza.
O traballador, de 45 anos, manipulaba produtos nun estante a uns tres metros de altura cando se produciu a caída. O equipo médico que se trasladou ata o lugar do sinistro intentou reanimalo sen éxito.