CRTVG

Buscar

Morre un neno de tres anos atropelado accidentalmente pola súa nai en Tarragona

Publicado o 10/06/2019 19:11

O Concello de Montblanc, en Tarragona, decretou tres días de loito e colocou as bandeiras a media hasta pola morte dun neno de tres anos atropelado pola súa propia nai.

Os feitos ocorreron o domingo, cando a muller manobraba marcha atrás no aparcadoiro dun centro comercial. A muller non viu o pequeno e matouno.

O xulgado que leva o caso está pendente de recibir o atestado policial completo para a investigación do caso e determinar se existen indicios dalgún tipo de conduta punible.

Noticias web

10/06/2019