CRTVG

Buscar

Morre un neno de seis anos no incendio dun chalé na localidade valenciana de Alberic

Publicado o 27/07/2021 12:42

Un neno de seis anos morreu no incendio rexistrado nunha casa da localidade valenciana de Alberic. O pai do menor puido abandonar a vivenda polo seu propio pé.

Antes da chegada dos bombeiros, os veciños intentaron, sen éxito, sufocar as lapas con caldeiros de auga. No garaxe do chalé sinistrado había dúas plantacións de marihuana. A Garda Civil fíxose cargo da investigación.

Noticias web

27/07/2021