CRTVG

Buscar

Morre un neno de 12 anos tras caer dun sétimo piso en Ourense

Publicado o 04/11/2020 21:30

Eran preto das oito da tarde. O rapaz estaba na casa coa súa familia, os pais facendo a cea, o irmán no seu cuarto e el xogando na sala de estar. Ninguén se explica que puido acontecer para que caera pola ventá. Un sétimo piso da rúa Cardenal Quevedo, no centro de Ourense.

"Estaría xogando, vai ti ver, aí na orilla, arrimaríase ao balcón e cairía fortuitamente" "Caiu de arriba, non nos enteramos do piso nin nada, nós metímonos para dentro para non ver iso, non nos apetecía ver iso" "Estaba a policía, a ambulancia, estaba todo e estiveron aí como media hora reanimando pero non puideron facer nada máis"

Sobre as nove da noite as autoridades xudiciais ordenaron o levantamento do cadáver e o seu traslado ao CHUO para facerlle a autopsia. O 112 puxo a disposición da familia do neno o grupo de intervención psicolóxica en emerxencias.

 "O estómago subiume cando me enterei, un horror, un horror, tremendo, non hai palabras para algo así" "É unha tristeza eu pasei a noite fatal, ademais a nai é profesora en Maristas díxome o meu neto que está aí, e dixo que unha pena verdadeiramente"

A Policía Nacional investiga as circunstancias da morte, xa inspeccionaron a vivenda, agora agardan os resultados da autopsia e poder tomarlles declaracións ao pais que sufriron unha crise nerviosa. A hipótese máis probable, din dende a UDEV, é que se tratase dun fatal accidente.

 

Noticias web

04/11/2020