CRTVG

Buscar

Morre un mozo de 17 anos na Coruña ao caer dun sexto andar cando intentaba roubar

Publicado o 22/05/2021 12:46

 

 

 


Un mozo de 17 anos e con antecedentes por roubo con forza morreu este sábado tras precipitarse desde un sexto andar na rúa Doctor Fleming, no barrio coruñés do Gurugú. O rapaz estaba na azotea cando o sorprendeu un veciño do edificio que escoitou un ruído.

Cando se asomou preguntoulle qué facía alí e o suposto ladrón agarrouse a unha tubaxe nun intento de fuxir do lugar. Pero esta cedeu ante o peso do mozo, que se precipitou ao patio interior. A súa morte foi instantánea.

O home chamou a urxencias cando baixou para prestarlle auxilio ao mozo pero cando chegaron só puideron certificar o seu falecemento.

Os primeiros indicios apuntan a que accedeu a esa zona pola estada doutro edificio para supostamente intentar roubar no inmoble.

O rapaz non era un descoñecido no barrio porque durante un tempo viviu nun dos inmobles ocupados ilegalmente na mesma rúa.