CRTVG

Buscar

Morre un mozo de 19 anos nun accidente de tráfico na Estrada

Publicado o 11/10/2021 14:21

O falecido era o condutor dun dos vehículos implicados. Nese mesmo coche ía de acompañante un mozo de 18 que resultou ferido grave e tivo que ser liberado polos servizos de emerxencia e un terceiro ocupante que resultou ferido leve. Os dous remataron na hospital de Santiago. Os ocupantes do outro coche resultaron ilesos. Ao parecer os cinco son amigo e ían dende a Estrada a Valga e colleron este cruzamento.

Todo aconteceu neste anaco de estrada que está limitado a 60. Un dos coches seguiu de fronte no cruzamento, bateu contra o valo de metal e foi perdendo anacos pola leira adiante ata que perdeu o impulso. Cando chegaron os servizos de emerxencias atoparon o condutor falecido e o ocupante do asento de atrás ferido leve fóra do vehículo. Tamén un atrapado.


Manuel Martínez, GES da Estrada: "Chegamos moi rápido en tres minutos estábamos alí e vimos aos dous ocupantes do outro vehículo que estaba no medio da Estrada ilesos e xa nos indicaron onde estaba o outro coche, que estaba nunha leira que ten un desnivel duns dous ou tres metros de profundidade. Cando nos achegamos ao vehículo xa vimos que había tres ocupantes un deles estaba fóra ferido leve, outro atrapado e o condutor lamentablemente falecido".

Pola súa banda, os dous ocupantes deste coche, supostamente o outro implicado na colisión, non precisaron asistencia sanitaria. Saíron ilesos.

 Manuel Martínez, GES da Estrada: "Non é unha zona especialmente perigosa, é unha zona onde hai unha recta con visibilidade, cun cruzamento onde sae unha estrada que leva a Valga e Pontecesures. Ese cruzamento algún susto ten dado, si que houbo accidentes, non é unha zona especialmente conflictiva, pero si que  houbo algún accidente importante".

A Garda Civil está a investigar as circunstancias que están arredor deste desgraciado accidente, xa que non está claro como acabaron batendo os dous coches que ían na mesma dirección.
 

Noticias web

11/10/2021