CRTVG

Buscar

Morre un montañeiro neerlandés en Panticosa, en Huesca

Publicado o 06/09/2021 08:48
Morre un montañeiro neerlandés en Panticosa, en Huesca

A Garda Civil rescatou o corpo sen vida dun montañeiro de 46 anos de orixe neerlandesa, en Panticosa, provincia de Huesca. O rescate efectuouse o sábado pola mañá, tras recibir un aviso de que había un corpo dentro dunha tenda de campaña.

As condicións meteorolóxicas impediron achegarse ao lugar ao helicóptero e os equipos de rescate tiveron que andar durante case unha hora. Comprobaron que o falecido non presentaba sinais de violencia e evacuaron o corpo ao hospital de Jaca para facerlle a autopsia.

Noticias web

06/09/2021