CRTVG

Buscar

Morre tras ser atropelado por unha escavadora en Vilariño de Conso

Publicado o 14/05/2019 20:59
Morre tras ser atropelado por unha escavadora en Vilariño de Conso

Un home de 84 anos faleceu esta tarde atropelado por unha escavadora no concello ourensán de Vilariño de Conso. Ocorreu na localidade de Castiñeira, cando o home ía camiñando por esta estrada local. Por causas que se descoñecen, o camión de volteo, un chimpín, que estaba a traballar nunha obra na zona, atropelouno, e o home faleceu no acto.

Ata o lugar acudiron os servizos sanitarios pero xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. Tamén estiveron efectivos do GES da Gudiña e de Protección Civil de Vilariño de Conso, ademais da  Garda Civil de Tráfico, que investigará o suceso. 

 

Noticias web

14/05/2019