Morre un home tiroteado en Llinars del Vallés
Un pistoleiro encapuchado matou a tiros un home que falaba cunha patrulla policial nas proximidades da localidade bercelonesa de Llinars del Vallés.
O autor dos disparos fuxiu e está sendo buscado pola policía. O tiroteo ocorreu nas proximidades dunha área de servizo da autoestrada do Mediterráneo, ao seu paso polo concello barcelonés de Llinars del Válles.
Un home encapuchado matou a tiros un veciño que falaba cunha patrulla de axentes locais. A vítima recibiu varios impactos de bala e polo menos un proxectil alcanzou no peito ao axente co que falaba, que salvou a vida porque levaba un chaleco antibalas. O agresor fuxiu a pé por unha pista forestal.
"Continuou correndo por un deses camiños, de feito, a frialdade coa que actuou dá a entender que era un profesional, non era un afeccionado".
Segundo algunhas fontes, a vítima era un confidente que estaría delatando unha banda de delincuentes armados autora de varios secuestros e extorsións.
Os Mossos d'Esquadra investigan o crime e tratan de localizar o pistoleiro fuxido.