CRTVG

Buscar

Morre un home tiroteado en Cidade Real tras entrar pola noite nunha vivenda

Publicado o 01/08/2021 19:56

Morre un home de 35 anos en Cidade Real despois de recibir un disparo tras entrar pola noite nunha vivenda. Foi o dono desta, de 77 anos, quen lle disparou tras sorprendelo entrando no seu domicilio. O propiestario estaba xa deitado cando escoitou ruídos e se ergueu para saber cal era a causa. Tras descubrir o intruso na escuridade, disparoulle cun arma de fogo, o que lle causou a morte. El mesmo avisou a Policía Nacional, que o detivo e abriu unha investigación para esclarecer os feitos.

Noticias web

01/08/2021