CRTVG

Buscar

Morre un home nun bar de Narón por un posible atragoamento

Publicado o 30/07/2019 14:22

Aconteceu arredor das seis da tarde, neste coñecido bar de Narón. O home, de 82 anos de idade, atopábase no interior do local xogando a partida e comendo un petisco de tortilla, cando de súpeto comezou a atoparse mal. Os donos do local deron o aviso ao 112 e ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Nacional, Policía Local e urxencias sanitarias, que xa nada puideron facer por reanimalo.

O suceso espertou unha grande conmoción no barrio, xa que se trata dun veciño de toda a vida, segundo contan.

No primeiro momento, os clientes que se atopaban no bar intentaron reanimalo sen éxito. Ante un caso coma este, cómpre saber como actuar.

A autopsia será agora a que esclareza as causas da morte. Durante a xornada de hoxe, o establecemento permanece pechado en sinal de respecto ao seu amigo.

Noticias web

30/07/2019