CRTVG

Buscar

Morre un home en Oleiros ao bater o coche que conducía contra un camión

Publicado o 14/04/2021 19:04

O sinistro ocorreu pouco despois das 5 da tarde na Nacional Sexta, á altura do lugar de Carballo. Un home esvaeceuse mentres conducía e o seu coche quedou sen control. Invadiu o carril contrario e chocou contra un camión que viña de fronte. O condutor do camión saiu ileso.

A vítima ten uns 60 anos e polo de agora descoñécense as causas do seu esvaecemento. Os servizos de emerxencias non descartan que puidese falecer incluso antes do impacto. Os servizos de emerxencias desprazados á zona xa non puideron facer nada por el.

Efectivos da Garda Civil estiveron controlando o tráfico, que quedou restablecido contra as 20:15 horas.