CRTVG

Buscar

Morre un home en Negreira ao estoupar unha caldeira que trataba de acender

Publicado o 15/09/2020 22:45
Morre un home en Negreira ao estoupar unha caldeira que trataba de acender

Un hombre morreu este martes ao estoupar una caldeira cando trataba de acendela na localidade coruñesa de Negreira, segundo informou o 112 Galicia. Os feitos aconteceron contra as oito e media desta tarde na aldea de Rons por causas que están sendo investigadas pola Garda Civil.

Os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o seu falecmento. Ao lugar tamén acudiron axentes da Garda Civil e os bombeiros de Santa Comba, que colaboraron nas tarefas de desentullo ante os danos causados na vivenda.