CRTVG

Buscar

Morre un home en Narón, pouco despois de ser rescatado na casa onde levaba días tirado no chan

Publicado o 15/07/2019 14:35

Tamén en Narón morreu un home de 73 anos que foi rescatado polos servizos de emerxencia tras levar varios días tirado no cuarto de baño da súa vivenda. Foron os veciños os que deron a voz de alarma debido ao forte cheiro que saia da súa vivenda. A Policía Local sospeita que puido estar 6 días sen poder levantarse do chan. Cando o atoparon aínda estaba vivo pero en estado moi grave. Faleceu no Hospital Arquitecto Marcide onde ingresou.

Os feitos aconteceron neste inmoble da praza da Gándara, en Narón. Os veciños levaban varios días sen ver a vítima, un home de 73 anos que vivía só. As sospeitas de que lle puidera ter acontecido algo disparáronse ao notar que da súa vivenda saía un forte cheiro.

Foi precisa a intervención dos bombeiros para acceder ao inomble e auxiliar a vítima.

Foi trasladado o hospital Arquitecto Marcide onde faleceu debido a gravidade do seu estado. Sospeitase que podería levar ao redor de 6 días tirado no chan do cuarto de baño da súa vivenda. Os servizos de emerxencia alertan de que cada vez son mías habituais estas situacións.



 

Noticias web

15/07/2019