CRTVG

Buscar

Morre un home en Carolina do Norte ao recibir varios disparos cando a policía rexistraba a súa casa

Publicado o 22/04/2021 08:26
Morre un home en Carolina do Norte ao recibir varios disparos cando a policía rexistraba a súa casa

As protestas contra o racismo policial medran nos EUA tras a morte doutro home negro a mans da policía de Carolina do Norte. Os feitos aconteceron cando varios axentes da policía rexistraban a vivenda da vítima, de 40 anos e pai de dez fillos.

O tiroteo está baixo investigación, aínda que os veciños dixeron que escoitaran entre seis e oito disparos e que a vítima ía desarmada. O suceso produciuse un día despois do veredicto de culpabilidade contra o policía que matou a George Floyd en Minneapolis e da morte doutra moza negra de 16 anos en Ohio.

Noticias web

22/04/2021