CRTVG

Buscar

Morre un home en Cantabria por listeriose sen relación cos casos de Andalucía

Publicado o 22/08/2019 12:18
Morre un home en Cantabria por listeriose sen relación cos casos de Andalucía

Un home de 62 anos, diagnosticado de listeriose, faleceu a noite pasada no Hospital Sierrallana de Torrelavega (Cantabria), un caso que non garda relación co brote orixinado en Andalucía xa que non consumiu carne contaminada.

A Consellería de Sanidade informa nunha nota de presan que o home ingresou por un cadro febril e presentaba múltiples patoloxías graves, o que "condicionou unha evolución desfavorable do paciente".

Fontes dese departamento sinalan a EFE que no hospital fixéronlle as pertinentes análises e deu positivo en listeriose.