CRTVG

Buscar

Morre un home de 74 anos nas Neves tras caerlle unha árbore enriba

Publicado o 06/08/2021 16:18
Morre un home de 74 anos nas Neves tras caerlle unha árbore enriba

Este venres faleceu un home de 74 anos tras caerlle unha árbore enriba mentres facía labores de poda nunha zona forestal das Neves. O suceso tivo lugar pouco despois das dúas e media da tarde, segundo avanzou o 112.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia e un médico, pero non puido facerse nada por salvar a vida do home, duns 80 anos. Nestes momentos aínda se están a esclarecer as circunstancias do acontecido.