CRTVG

Buscar

Morre un home despois dun tiroteo ás portas dunha comisaría de Sevilla

Publicado o 22/11/2019 14:10

A Policía Nacional investiga a morte dun home durante un tiroteo rexistrado esta noite ás portas dunha comisaría de Sevilla. A vítima, un cidadán estadounidense, chegou ás dependencias policiais visiblemente alterado e armado cun coitelo co que ameazou os axentes de garda.

Os policías dispararon ata cinco veces e o home caeu ao chan morto cunha ferida no pescozo.

A autopsia deberá determinar a causa da morte.

Noticias web

22/11/2019