Morre un home de 92 anos atropelado por unha moto na Travesía de Vigo
Publicado o 23/02/2020 21:28
Un home de 92 ano faleceu de camiño ao hospital Álvaro Cunqueiro, na ambulancia, despois de ser atropelado por unha moto na rúa da travesía de Vigo. O motorista, que conducía unha Kawasaki 500, deu negativo no control de drogas e alcol. Agora está hospitalizado e o seu estado é grave. O falecido saíu dunha panadería aáunha e cinco do mediodía. Cando cruzaba a rúa, recibiu o impacto do vehículo.
Unha testemuña, e así consta no parte policial do accidente, asegurou que o semáforo estaba en cor vermella para os peóns. O nonaxenario estaba vivo cando chegou a ambulancia medicalizada a este punto, pero tiña traumatismo cranioencefálico e torácico.