CRTVG

Buscar

Morre un home de 89 anos ao caer co coche ao río en Guipúscoa

Publicado o 05/08/2021 09:10
Morre un home de 89 anos ao caer co coche ao río en Guipúscoa

Falece un home de 89 anos ao precipitarse ao río co coche desde o aparcadoiro dunha zona comercial na localidade guipuscoana de Oiartzun. Canda el viaxaba como acompañante a súa filla, de 57 anos, que foi trasladada ao hospital. Os servizos médicos só puideron certificar a morte do condutor.

A Ertzaintza abriu unha investigación para esclarecer as causas do accidente.

Noticias web

05/08/2021