Morre un home de 85 anos ao envorcar o tractor que conducía en Ribadeo
Publicado o 23/02/2021 21:53

Un home de 85 anos morreu esta tarde tras envorcar o seu tractor en Arante, no concello de Ribadeo. Quedou atrapado debaixo do vehículo. Os servizos de emerxencias non puideron facer nada por salvarlle a vida.
#AXEGAInforma de que unha persoa faleceu ao quedar atrapada debaixo dun tractor en #Ribadeo, na parroquia de Arante. Os #BombeirosBarreiros interviñeron para liberala. Ademais formaron parte do operativo a #PolicíaLocal, a @guardiacivil, a #AVPCRibadeo e os servizos sanitarios. pic.twitter.com/zXxLma8dlS
— 112Galicia (@112Galicia) February 23, 2021