Falece un home de 61 anos no CHUAC por causa do coronavirus, é a décima vítima na Coruña
Publicado o 24/03/2020 12:35
• Dous falecidos en Burela e na Coruña elevan a 22 o número de mortos en Galicia

Morre un home de 61 anos que estaba ingresado nun no Complexo Hospitalario da Coruña. Esta nova vímita tamén tiña pluripatoloxías previas ao contaxio. Con este falecemento xa son 10 as vítimas do coronavirus na provincia da Coruña e 22 en toda Galicia.
A vítima número 21 de Galicia foi un home de 83 anos que estaba ingresado non Hospital da Mariña. Fora diagnosticado de coronavirus e tiña varias patoloxías previas. É a primeira vítima do COVID-19 que se produce no centro hospitalario de Burela.