CRTVG

Buscar

Morre un home de 77 anos ao envorcar o tractor co que traballaba en Pedrafita

Publicado o 28/08/2020 16:35
Morre un home de 77 anos ao envorcar o tractor co que traballaba en Pedrafita

No Cebreiro, en Lugo, morreu un home maior nun accidente co seu tractor. O falecido estaba a traballar nunha leira cando, por causas que se descoñecen, o tractor envorcou e el quedou atrapado debaixo. Tiña 77 anos.

Os feitos tiveron lugar sobre as 9:10 horas deste venres e foi unha persona particular quen contactou co 112 Galicia para alertar do accidente, segundo indicaron as mesmas fontes. Despois de ter coñecemento, por parte do CIAE 112 solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos bombeiros de Sarria, do GES de Becerreá e da Garda Civil.

Noticias web

28/08/2020