Morre un home atrapado baixo un tractor en Santa Comba
Publicado o 07/07/2020 18:05
José saíra onte á tarde co seu tractor para axudar a rozar unha leira da súa propiedade, pero a súa muller alarmouse ao ver que non regresaba.
Varios veciños e familares saíron a buscalo e pouco despois atopárono morto, baixo o tractor envorcado.
Os bombeiros recoñecen que este tipo de accidentes son habituais.
Era a primeira vez que José, de 70 anos, subía ao tractor desde que saíra do hospital, onde lograra superar o coronavirus.