CRTVG

Buscar

Morre un home ao quedar atrapado debaixo dun tractor en Brens, no concello de Cee

Publicado o 26/06/2020 15:15
Morre un home ao quedar atrapado debaixo dun tractor en Brens, no concello de Cee

Un home de 72 anos morreu esta tarde en Cee ao quedar atrapado baixo o seu tractor. Ocorreu no lugar de Fadibón, da parroquia de Brens. O home saíra á primeira hora da mañá e ía rozar co tractor unha leira próxima á vivenda.

Ao ver que tardaba en regresar á casa para xantar, a familia saíu a buscalo. Foi unha neta quen atopou o cadáver contra as dúas da tarde. A leira non estaba apenas limpa, o que fai sospeitar que o fatal accidente ocorreu ao pouco de comezar o traballo.