Morre un home afogado nunha praia de Burela
Un bañista faleceu este martes no areal da Marosa, en Burela. Ao parecer o home meteuse na auga cando aínda non estaba operativo o servizo de socorrismo. Foron un surfistas os que o auxiliaron nun primeiro momento.
Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia, ás 11:30 horas, para informar dun bañista con dificultades para saír da auga, a causa da forte ondada que nese momento se rexistraba no mar.
Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, o varón puido ser rescatado da auga e, malia aos esforzos dos servizos de emerxencia desprazados ata o lugar dos feitos, nada se puido facer por salvarlle a vida.
#AXEGAInforma
— 112Galicia (@112Galicia) August 20, 2019
Un home perdeu a vida na Praia de Marosa, en Burela. Os servizos de emerxencias desprazados ata o punto nada puideron facer por salvarlle a vida. Interviñeron: Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e Policía Local.
Máis info https://t.co/g1Y4yZ4ZNS pic.twitter.com/BnsSTudVIh