Morre un home de 73 anos ao envorcar o tractor con que traballaba en Vilaboa
O accidente ocorreu pouco antes das nove da noite, cando a vítima, un home de 72 anos, baixaba do monte co seu tractor cargado de leña. O sinistro ocorreu no lugar de Sobreira, na subida cara o lago Castiñeiras, no concello pontevedrés de Vilaboa. Nunha zona do camiño que presenta un importante desnivel, o vehículo emborcou, quedando atrapado o home, que faleceu practicamente no acto.
Para poder liberar o corpo, foi necesaria a intervención dos bombeiros. Ata o lugar do accidente desprazáronse amais efectivos de Protección Civil, da Garda Civil e de urxencias do 061 que nada puideron facer pola vida deste home.
Os accidentes de tractor son a causa máis común de morte no campo, segundo un estudio realizado pola fundación Mapfre, no que tamén se reflicte que máis da metade dos falecidos teñen máis de sesenta anos.
Este é o cuarto accidente mortal provocado por este tipo de vehículo que sucede nos últimos 15 días en Galicia