Falece un home de 62 anos nun accidente en Ponteareas
Foron outros condutores os que avisaron do accidente. Ao lugar achegáronse os bombeiros e a Policía Local do Porriño, así como varias unidades da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de urxencia. Os bombeiros tiveron que liberar os dous condutores: o falecido, veciño de Mondariz de 62 anos, e o ferido, de 55, residente en Ponteareas.
Dende a Garda Civil de Tráfico confirmaban que o ocupante dun dos turismos faleceu e que o ocupante do outro foi trasladado con prognóstico reservado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Pendentes da investigación, dende a Garda Civil de Tráfico recomendan non baixar nunca a garda na condución, especialmente nos desprazamentos curtos.
"Eu o que vexo é que a xente ten accidentes graves próximos ao seu domicilio. O que me dá a min a sensación é que nas zonas que coñecemos consíderámolas zonas de confort e relaxámonos. A rutina e o que é a confianza pode chegar a matar", puntualiza Diego Gil.
A estrada permaneceu varias horas cortada ata que se retiraron os vehículos e se limpou a vía, aínda que non se produciron retencións por mor da hora á que aconteceu o sinistro.