CRTVG

Buscar

Morre un condutor ao chocar contra unha escavadora en Santa Comba

Publicado o 24/09/2020 15:49

Pouco antes das 8 da mañá producíase un accidente mortal de tráfico na vía AC-400 no punto quilométrico 62,3 da estrada de Santa Comba. O condutor do vehículo, un home de 45 anos, alcanzaba por detrás unha retroescavadora nun tramo da estrada recto e que non conta con iluminación artificial. As causas deste forte sinistro aínda se descoñecen.

O impacto deixou o condutor atrapado no interior do vehículo e foi necesaria a intervención dos bombeiros para levar a cabo a liberación do corpo.

A investigación para esclarecer os feitos queda en mans do equipo de atestados da Garda Civil de Corcubión.