Morre un ciclista en Trasmiras tras caer da bicicleta en que circulaba
Publicado o 14/06/2021 13:14

Morre un ciclista no concello ourensán de Trasmiras tras caer da bicicleta en que circulaba. Os feitos tiveron lugar na tarde deste domingo na rúa Virxe da Gracia. Os servizos sanitarios mobilizaron o helicóptero medicalizado, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida. A Garda Civil investiga aínda arestora as circunstancias do suceso.