Morre un ciclista ao ser atropelado por unha furgoneta na Pastoriza
Publicado o 07/06/2021 20:08
Un ciclista perdeu a vida esta tarde ao ser arrolado por unha furgoneta no concello da Pastoriza. O suceso produciuse na estrada LU122, na contorna no polígono industrial, unha zona onde son habituais os accidentes. Ao parecer, a furgoneta golpeou polas costas ao ciclista.
Ata o lugar do sinistro trasladouse unha ambulancia medicalizada e mesmo un helicóptero de emerxencias sanitarias pero non puideron facer nada por salvar a vida do home, que faleceu no lugar do atropelo. As primeiras informacións apuntan a que o defunto era un veciño do concello do Valadouro.