Morre un camioneiro atropelado na AP-9 en Vigo
Un camioneiro morreu atropelado contra preto das nove desta mañá na AP-9, no treito urbano de Vigo, entre a estación de tren e a rúa García Barbón. A vítima é un camioneiro que levaba material para as obras que se están realizando na estación de tren. O accidente, ao parecer, produciuse cando baixou do camión; nese momento foi atropelado por un vehículo que se incorporaba á AP-9 e que non puido esquivalo.
Ata o lugar do suceso trasladaronse a Garda Civil a Policía Local e unha ambulancia medicalizada do 061. Os efectivos de emerxencias intentaron reanimar o home no lugar do sinistro durante uns 15 minutos, pero non se puido facer pola súa vida.
O suceso obrigou a cortar o acceso á AP-9 en Vigo desde a rúa Lepanto e obrigou a desviar o tráfico por García Barbón cara ao enlace de Isaac Peral e pola entrada da travesía de Vigo, o que xerou retencións nestes dous puntos.