CRTVG

Buscar

Morre un bombeiro tras a explosión dunha fábrica de químicos en Bangkok

Publicado o 06/07/2021 15:32
Morre un bombeiro tras a explosión dunha fábrica de químicos en Bangkok

Hai un bombeiro morto e polo menos 33 persoas feridas despois de saltar polos aires toda unha fábrica de químicos moi preto do aeroporto internacional de Bangkok. A columna de fume era claramente visible dende máis de trinta quilómetros. Hai 1.800 persoas evacuadas que pasaron a noite en refuxios improvisados mentres os bombeiros trataban de controlar o lume.

Noticias web

06/07/2021