Morre un bombeiro cando combatía un incendio no centro de Portugal

Arquivo
Un bombeiro morreu hoxe cando combatía un incendio forestal en Oliveira de Frades, no centro de Portugal, un sinistro que continúa activo e en que traballan máis de 300 efectivos. O de Oliveira de Frades é un dos trece incendios que se manteñen activos en Portugal, combatidos por máis dun milleiro de bombeiros e 28 medios aéreos.
Catorce distritos situados ao norte do río Texo, incluído Viseu, ao que pertence Oliveira de Frades, atópanse ata o martes en situación de alerta por risco de incendio. En Viseu tamén está en curso un lume forestal en Castro Daire, con máis de 250 bombeiros.
Tamén preocupan os incendios de Albergaria-a-Velha (cuns 170 bombeiros e cinco medios aéreos) e de Porto de Mós (180 efectivos e 4 avións), ambos no centro do país.