CRTVG

Buscar

Morre un agricultor alcanzado por un raio no Campo de Cartaxena

Publicado o 23/04/2021 08:08
Morre un agricultor alcanzado por un raio no Campo de Cartaxena

Un home de 45 anos morreu este xoves no municipio murciano de Fuente Álamo, no Campo de Cartaxena. Traballaba nun terreo cando o alcanzou un lóstrego.

Os seus compañeiros chamaron aos servizos de emerxencia pouco antes das dúas da tarde, pero o persoal sanitario que se desprazou ata o lugar só puido certificar a morte do traballador.

 

Noticias web

23/04/2021