Morre tras colidir o coche en que viaxaba contra un muro en Oia
Publicado o 30/10/2019 21:03
Un home de 81 anos faleceu esta tarde nun accidente de tráfico ocorrido en Oia. O sinistro ocorreu no val das Orelludas, entre Viladesuso e Pedornes, arredor das 7 da tarde. Por causas que se descoñecen, o home perdeu o control do vehículo, saíu da vía e chocou contra un muro. O falecido era un veciño da zona. No momento do sinistro ía só no coche. Á súa muller tiveron que atendela por unha crise de ansiedade cando se achegou ata o lugar do accidente.
#AXEGAInforma
— 112Galicia (@112Galicia) October 30, 2019
Unha persoa perdeu a vida ao saírse da vía co vehículo no que viaxaba e chocar contra un muro no lugar de Pedornes, en Oia, Pontevedra. Interviñeron: servizos sanitarios, #GESAGuarda e @guardiacivil Tráfico. pic.twitter.com/FrnpQfirnf