CRTVG

Buscar

Morre sor María Trinidad, a monxa de 102 anos dada de alta de covid hai un mes

Publicado o 25/05/2020 12:02

Edelmira Prado Prado, sor María Trinidad, faleceu o pasado venres aos 102 anos, un mes despois de recibir a alta no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e tras gañarlle a batalla á Covid-19.

Pero non así de todo, porque non foi quen de vencer o coronavirus. Ela, coma outros contaxiados, non puido superar as secuelas da enfermidade, que a obrigaron a ingresar de novo no HULA.

Precisamente neste hospital, o Lucus Augusti, déranlle a alta o pasado 23 de abril. Daquela saíu ao son da música, que se converteu en himno nesta pandemia, Resistiré, e cos aplausos do persoal sanitario que a atendera durante a súa covalecencia.

Sor María Trinidad, da Sagrada Familia de Bordeos, "levaba unha vida completamente activa" e "facía moitas cousas" ata que enfermou de Covid-19. Facíase cargo do "servizo de axuda na sancristía" da parroquia da Milagrosa, contou o párroco José Antonio Ferreiro.