Morre Paco Martínez, mito do baloncesto en Vigo
Publicado o 05/02/2021 14:27
Loito no baloncesto galego. Faleceu o exadestrador vigués Paco Martínez.
Paco Martínez foi o técnico que logrou a copa da raíña co Celta feminino en 1981. Paco Martínez dirixiu e estivo noutros proxectos do baloncesto olívico ao longo da súa traxectoria, como o Bosco.
Tamén dirixiu no ambito feminino o Zaragoza e estivo vinculado ás categorias inferiores do Cacaolat Granollers e adestrou ao Tenerife.
Tiña setenta anos e padecía desde hai meses unha cruel enfermidade.