CRTVG

Buscar

Morre o poeta catalán Joan Margarit vítima do cancro

Publicado o 16/02/2021 20:41
Morre o poeta catalán Joan Margarit vítima do cancro

Morreu aos 82 anos e vítima dun cancro linfático o poeta catalán Joan Margarit. Margarit converteuse en 2019 no primeiro autor en lingua catalá en gañar o premio Cervantes. Ao longo da súa vida, recibiu outros premios como o Nacional de Literatura da Generalitat ou o Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana. Arquitecto de formación, deixa unha obra prolífica. En plena pandemia e no medio do tratamento da enfermidade escribiu un novo libro de poemas que se publicará en tres semanas.

Noticias web

16/02/2021