CRTVG

Buscar

Morre o pintor ourensán Vidal Souto, sucesor de Os Artistiñas

Publicado o 26/03/2021 20:41

O pintor ourensán José Manuel Vidal Souto faleceu onte aos 73 anos de idade. Destacado membro dos grupo Os Artistiñas, este pintor autodidacta impresionista e vangardista, destaca pola orixinalidade e un trazo propio na escena creativa galega a partir dos anos 70. Ademais da pintura, no seu legado deixa tamén escultura. Estas imaxes corresponden a unha das súas últimas exposicións o ano pasado en Vigo.

Noticias web

26/03/2021