CRTVG

Buscar

Morre o ministro de Emerxencias de Rusia tras caer por un cantil no Ártico

Publicado o 09/09/2021 08:54
Morre o ministro de Emerxencias de Rusia tras caer por un cantil no Ártico

O ministro de Emerxencias de Rusia morreu nun accidente durante a gravación dunhas manobras de adestramento no Ártico. Tiña 55 anos. Caeu por un cantil ao tratar de suxeitar o director do documental, que tamén faleceu. As autoridades rusas non deron máis detalles do accidente nin o lugar exacto do suceso. Dende 2016 a 2018 foi subdirector dos servizos secretos rusos.

Noticias web

09/09/2021