CRTVG

Buscar

Morre o exsecretario de Estado dos EUA Colin Powell por complicacións derivadas da covid

Publicado o 18/10/2021 18:39
Morre o exsecretario de Estado dos EUA Colin Powell por complicacións derivadas da covid
EFE

O xeneral Colin L. Powell, o primeiro afroamericano en ocupar o cargo de secretario de Estado dos EUA, faleceu este luns aos 84 anos de idade por complicacións relacionadas coa covid-19. Así o indicou a súa familia nunha mensaxe na rede social Facebook, no que sinalou que perdera "a un extraordinario e cariñoso esposo, pai, avó, e a un gran estadounidense".

O comunicado indicou que o xeneral estadounidense recibira a pauta completa de vacinación.Powell foi secretario de Estado do presidente republicano George W. Bush entre 2001 e 2005 e, previamente, serviu como xefe do Estado Maior Conxunto dos EUA durante a primeira guerra do Golfo (1989-1991).O xeneral de catro estrelas, nacido en Nova York, morreu no centro médico militar Walter Reed, situado nos arredores de Washington.

A pesar de ser un dos xenerais máis influentes das últimas décadas, Powell viviu un os momentos máis complicados da súa carreira pola súa polémica presentación en 2003 ante o Consello de Seguridade da ONU, onde defendeu a intervención militar en Iraq ao asegurar que o presidente iraquí, Saddam Hussein, contaba con armas de destrución masiva.Posteriormente, recoñeceu que foi un erro e supuxo "unha mancha"  na súa traxectoria política.

Aínda que pertencente ao partido republicano, desmarcouse nos últimos anos dos conservadores, xa que o pasado ano pediu o voto para o demócrata Joe Biden, e fixo o mesmo en 2016 cando apoiou a candidatura á Casa Branca da demócrata Hillary Clinton, no canto do republicano Donald Trump. 

Noticias web

18/10/2021