O Reino Unido réndelle tributo este sábado ao príncipe Filipe con salvas de canón
Salvas de canón nas principais cidades do Reino Unido, Xibraltar e nos navíos militares en mar aberto réndenlle tributo este sábado ao príncipe Filipe, marido da Raíña Isabel falecido o venres aos 99 anos. Dispararán a partir das 11 da mañá GMT, 41 series de salvas en localidades como Londres, Edimburgo, Cardiff ou Belfast e en distinto0s destrutores como o HMS Diamond e o Montrose.
O Duque de Edimburgo, marida da soberana británica durante 73 anos, serviu na Mariña británica durante a Segunda Guerra Mundial e ocupou o cargo honorífico de lord gran almirante á fronte deste corpo. A súa morte deixa a Isabel II soa á fronte dunha familia real en crise, despois dunha historia de amor que durou 80 anos e que empezou nun barco.
O corpo de Filipe de Edimburgo permanecerá no castelo de Windsor, residencia da familia real británica próxima a Londres, ata que se celebre o seu funeral na capela de San Xurxo, con data aínda sen anunciar.
A familia real británica anunciou o venres o pasamento do duque de Edimburgo, o príncipe Filipe (1921-2021). "Cunha pena profunda, a súa maxestade a raíña anuncia a morte do seu marido querido, a súa alteza real, o príncipe Filipe, duque de Edimburgo", reza o comunicado, que engade que "a súa alteza real faleceu en paz esta mañá no castelo de Windsor".
It is with deep sorrow that Her Majesty The Queen has announced the death of her beloved husband, His Royal Highness The Prince Philip, Duke of Edinburgh.
— The Royal Family (@RoyalFamily) April 9, 2021
His Royal Highness passed away peacefully this morning at Windsor Castle. pic.twitter.com/XOIDQqlFPn
Os reis de España trasladáronlle o seu pésame á raíña Isabel, á que se dirixen como "tía Lilibet". A través dun telegrama, mostraron a súa tristura polo falecemento do príncipe Filipe. Os reis destacaron a dedicación á coroa do duque de Edimburgo e os vínculos que unen as dúas familias reais e os dous países. No mesmo telegrama trasladan o pesar do Goberno e do pobo español. A última vez que apareceron xuntos foi na visita de Estado que don Filipe e dona Letizia realizaron ao Reino Unido en 2017.
Moitos británicos achegáronse ata a entrada deste Palacio de Buckingham, aquí en Londres, aínda que menos dos que cabía esperar por mor da pandemia seguindo os consellos da propia Casa Real. Filipe de Edimburgo faleceu esta mañá no castelo de Windsor, onde tanto el como Isabel II onde residían desde o inicio da pandemia.
O Goberno decretou 8 días de loito oficial e as bandeiras do país e da Commonweatlh ondean desde hoxe a media asta. Por petición expresa, o príncipe non terá un funeral de estado. Os seus restos repousarán na capela de San Xurxo, no propio castelo de Windsor e despois dun funeral de corte militar. Tamén o Parlamento británico celebrará a semana vindeira un pleno de homenaxe ao home que durante 65 anos viviu á sombra de Isabel II.
Unha nota pendurada na reixa do Palacio de Buckingham anunciáballes a nova aos británicos. Acaba de falecer o príncipe Filipe no castelo de Windsor. Non se deron a coñecer as causas: O duque de Edimburgo pasara a principios de marzo unha operación de corazón. Daquela datan as súas derradeiras imaxes con vida. Faltábanlle dous meses para cumprir 100 anos. En nome da nación, o primeiro ministro Boris Johnson agradecíalle o seu traballo.O príncipe gañou o afecto de xeracións de mozos aquí e en todo o mundo, subliñaba Johnson. O líder da oposición, o laborista Keir Starmer tamén lamentaba a perda de quen cualificou como extraordinario servidor público.
Filipe de Edimburgo naceu hai case un século na illa grega de Corfú: sendo aínda bebé, a caída da monarquía helena levouno ao exilio. Serviu na mariña británica na Segunda Guerra Mundial e en 1947 renunciaba aos seus títulos, nacionalidade e relixión para casar coa súa curmá, a aínda princesa Isabel. 6 anos despois, ela convertíase en raíña. Comenzaba para o duque de Edimburgo unha vida sempre uns pasos por detrás da monarca.
O seu sentido do humor e a súa dedicación a causas benéficias e medioambientais acabaron por vencer as suspicacias que nun primeiro momento aquel príncipe estranxeiro espertara entre os británicos. Ata 2017 non renunciou á súa axenda pública, eclipsada na última década polos seus problemas de saúde. Atrás quedaban máis de 20.000 actos oficiais do consorte máis lonxevo da monarquía británica.