Morre o condutor dunha formigoneira tras envorcar na Pontenova
Publicado o 22/10/2018 19:46
O condutor dun camión cargado con formigón morreu hoxe ao envorcar o vehículo no concello lugués de Pontenova. A vítima, identificada coas iniciais M.M.M., de 53 anos, da localidade asturiana de Taramundi, morreu no lugar do sinistro como consecuencia da envorcadura do camión formigoneira que conducía tras colidir contra unha rocha de grandes dimensións, segundo fontes municipais. O accidente produciuse ás 16:13 horas e as autoridades investigan as circunstancias do sinistro.