CRTVG

Buscar

Morre John Le Carré, o gran mestre das novelas de espías

Publicado o 14/12/2020 09:43

Unha parte do século XX vaise co gran novelista John Le Carré, que faleceu esta noite aos 89 anos. O mestre británico morreu en Cornualla, ao sur de Inglaterra, despois dunha enfermidade pulmonar non relacionada coa covid−19, segundo informou o seu axente.

Durante seis décadas dominou a lista de libros máis vendidos e as páxinas de reseñas coa súa monumental obra. Exespía do M-16, coverteuse no escritor más aclamado pola crítica británica.

Vendeu millóns de libros despois de deixar o servizo británico de espionaxe. O autor de A Casa Rusia deixa un legado de tramas de misterio cargadas dun sentido ético.